Cabalos de Vento, Curros de Pedra
Textos de Xosé Guillermo
Nº de páginas: 160
Editorial: Xerais
Idioma: Gallego
Encuadernación: Tapa blanda
ISBN: 9788497829557
Año de edición: 2009
O fotógrafo Xavier Teniente e o pintor Xosé Guillermo desenvolveron en Cabalos de Vento, Curros de Pedra un inédito proxecto de creación visual, un formidable e impactante volume de coidadísima edición onde as fotografías en branco e negro de Teniente dialogan cos debuxos, iconos e textos poéticos de Xosé Guillermo reflectindo toda a fermosura do negro acibeche destes cabalos de vento. Dende a xuntanza das greas na mañanciña da fin de maio, baixo as néboas escuras e grises, até as tarefas de besteiros e aloitadores cando se espreguiza a tarde, este libro constitúe unha das testemuñas máis fermosas que se teñan feito nunca sobre o mundo do cabalo en Galicia e a cultura da rapa das bestas.