Iraq. Días de Posguerra
Prólogo de David Beriain
Editorial: XERAIS
Año de Edición: 2003
Nº de páginas: 112
Encuadernación: Tapa blanda con solapas
O Iraq da posguerra é unha mestura de horror, tensión, medo, sufrimento, sorpresa e morte que impregna a vida dos seus habitantes. Tras a invasión, o soño dun país mellor quedou convertido en pesadelo. Este libro non é unha análise xeopolítica da situación do Iraq ocupado. Este volume recolle as reportaxes fotográficas realizadas nas viaxes de Javier Teniente, un correspondente galego que fixou a súa mirada sobre as verdadeiras vítimas desta situación estremecedora. Esta é a crónica de urxencia dun fotógrafo valente que retrata o que pasa en Iraq a diario, dende a miseria dos hospitais de Bagdag, onde se realizan operacións a vida ou morte en inmundas salas de quirófano, os caídos anónimos dos centos de tiroteos, ata a vida dos nenos e mozos que inventan cada día as súas vidas nas rúas da capital. O medio centenar de fotografías v precedido por un limiar de David Beriain, correspondente de La Voz de Galicia”” no conflito iraquí. Un documento, pois, da esperanza de que as cousas cambien.
«Este libro fala da historia da posguerra e da xente que queda atrás dos titulares, das verdadeiras vítimas, dos iraquís.
Nos fala da miseria de hospitais como o Infantil de Bagdad, onde os poucos medicamentos dispoñibles pérdensen porque non funcionan os frigoríficos para conservalos. De operacións a vida a morte en inmundas salas de quirófano. Dos caídos anónimos nalgún dos centos de tiroteos que sacoden a capital tódolos días. Do sufrimento, do medo, da dor, da tensión e do nó no estómago que lle queda a un cando ve estas cousas, como aquel día na mesquita de Nayaf, cos corpos de oitenta e dúas persoas espalladas polo chan. Fálanos do que pasa en Iraq a diario. E da esperanza de que as cousas cambien.» Por David Beriain